Quen somos

Os inicios de Bacallau José Bermúdez

Desde os inicios da nosa actividade, en Bacallau José Bermúdez esforzámonos por adaptarnos ás esixencias do mercado. A dedicación, a perseveranza e a busca constante pola calidade das materias primas son a base sobre a que se fundou esta empresa.

A nosa historia comeza a mediados do século XX, cando José Bermúdez decide emigrar a Alemaña. Foi alí onde descubriu valores fundamentais como a ética no traballo e a responsabilidade.

Fundación de Bacallau José Bermúdez

Tras un longo período lonxe do seu fogar, José regresa a Galicia, onde funda, en 1975, unha pequena empresa de venda de bacallao. Recorrendo prazas de venda de alimentación e mercados, onde vende de maneira ambulante, José vai descubrindo os gustos e preferencias dos clientes.

Co paso do tempo, o negocio vai consolidándose e cada vez máis xente coñece a calidade do produto de Bacallau José Bermúdez. A mediados dos anos 80, con José Bermúdez fillo e a súa muller Lela dentro do negocio familiar, deciden dar o paso e abrir un pequeno establecemento na praza de Abastos de Santiago de Compostela.

Pronto fanse con dúas tendas: unha dedicada á venda de peixe e marisco conxelado e outra á venda de bacallao. Pouco a pouco, José Bermúdez convértese no referente que é hoxe dentro do sector da venda de produto do mar fresco e conxelado, achegando aos seus clientes un amplo abano de materias primas de excelente calidade.

Na actualidade, e case medio século despois, a terceira xeración de Bacallau José Bermúdez traballa no negocio familiar, reforzando a presenza da empresa en Santiago de Compostela e detectando novas oportunidades que permiten expandirse a novos mercados.

En Bacallau José Bermúdez soubemos manter os valores sobre os que se asentou o negocio: compromiso coa calidade, coñecemento do produto e atención personalizada.

Todos os produtos que atoparás no noso catálogo son froito do esforzo, paixón polo mar e dedicación incansable que sente a nosa familia para que a túa poida disfrutalos. Continuamos co legado de José Bermúdez, traballando por perpetuar a tradición familiar e achegando o sabor máis auténtico ao teu fogar.

Como traballamos

Compromiso coa calidade

Somos especialistas en seleccionar os produtos gourmet de máis calidade do mercado: conservas de mexillóns das rías galegas, zamburiñas, ventresca, polbo… Axudarémosche a escoller o produto perfecto para cada ocasión. Confía en nós e consegue unha experiencia gastronómica inesquecible na túa mesa.